AS VIDEIRAS GALEGAS
A
especie "vitis vinifera", única vitis autorizada
internacionalmente pare elaborar viños mediante a fermentación alcohólica
dos azucres dos seus froitos maduros, ten unhas 200 variedades.
Os
tratados de ampelografía describen as caracteristicas xerais desta
especie e as particulares das distintas variedades que en cada traballo
se estudian. As diferencias varietals obsérvanse nas raíces, talos, pámpanos,
follas, gabiáns, flores, bacelos, acios e bagas. Estas diferencias
establecen caracteristicas distintas en cada variedade, que condicionan
o seu hábitat, marco de plantación, podas de formación e producción,
conducción e cultivo en canto á viticulture se refire. Así mesmo, as
diferentes características dos acios e bagas, a súa composición e
avaliación segundo o solo, clime e cultivo, condicionan a vendima,
elaboración, conservación, crianza e avellentamento do viño
resultante, é dicir, influen grandemente na vinicultura.
En
Galicia, con solos en xeral lixeiros, pouco arenosos, silíceos e polo
tanto acedos, con clima templado e húmido, soamente se cultiva a vide
naquelas zonas nas que durante a parada invernal hai suficientes horas
de frío para conseguir unha boa lignificación dos bacelos e durante o
período vexetativo a integral térmica necesaria para a maduración das
uvas.
A
viticultura galega concéntrase en 5 áreas xeográficas principals,
actualmente delimitadas como as Denominacións de Orixe
"Ribeiro", "Rías Baixas", "Valdeorras",
"Monterrei" e "Ribeira Sacra". Todas elas teñen
unidade xeográfica, menos "Rías Baixas" que se ubica en
cinco zonas diferentes e separadas, denominadas "O Salnés",
"Soutomaior", "O Condado", "O Rosal" e a
recentemente incorporada á denominación, coñecida como "Ribeiras
do Ulla". Tamén ten certo peso específico a viña noutras zonas
de menor entidade, "Val do Miño-Ourense" que se protexe como
"Viños da Terra", as comarcas vitícolas de
"Betanzos" e "Portomarín" e os viñedos marxinais
de "A Baixa Lirnia".
A
invasión da filoxera entre os séculos XIX e XX obrigou a replanta-los
viñedos destruidos por esta praga, con portainxertos resistentes.
Moitos destes portainxertos eran hibridos productores directos,
resistentes, ademais de á filoxera, ós ataques de critptógamas, polo
que en moitas zonas marxinais non se inxertaron e utilizaron as súas
uvas pare vinificar, práctica na actualidade prohibida e casi
completamente abandonada. Ó repó-las viñas con portainxertos
resistentes á filoxera, introducíronse variedades foráneas ó
inxertalas con Palomino de Jerez pare a producción de brancos e
Garnacha Tintorera (Alicante) para a de tintos. A primeira de gran
capacidade de producción, con certa resistencia ás criptógamas,
especialmente á "Botritis" (podremia) e a segunda con
capacidade productiva e moita materia colorante. Naqueles tempos buscábase
a cantidade e non a calidade e en tintos tiñan major aceptación os viños
con moita capa, que ó dicir dos bodegueiros "rachan na taza".
Eran viños de "tasca e taza". Polas súas características,
estas variedades, nos nosos climes e solos, non completan o seu ciclo
vexetativo e por tanto son incapaces de desenvolve-lo seu potencial xenético
e non se poden elaborar con elas viños de calidade. Noutras rexións
con solo e clima axeitados dan magnifica resposta a unha boa vinificación.
As
variedades autóctonas e outras traidas de fóra, pero adaptadas o noso
hábitat, quedaron relegadas ó ser menos productivas e máis dificiles
de cultivar, ó precisar de podas e tratamentos especificos. Na
actualidade as circunstancias variaron. Búscanse e cotizanse os viños
de máis calidade, viños de "cristal fino e mantel de fio",
ben elaborados e presentados, con calidade e personalidade. Viños de
autor, de deseño, de alta expresión, como hoxe os vinólogos e vinófilos
chaman ós mellores caldos. Non cabe dúbida que a calidade e a
originalidade dos viños está ligada, entre outros factores, ás
variedades de uva utilizadas. Para obter estas caracteristicas
diferenciadoras hase partir de variedades de uva adaptadas ó solo e
clima da zona e en Galicia estas variedades son as chamadas prefiloxéricas,
é dicir, as que xa se cultivaron antes do carnbio da viticulture como
consecuencia desta praga. Son as chamadas variedades autóctonas galegas
por estar irnplantadas en Galicia hai moitos anos, tempo suficiente para
a súa adaptación a este hábitat. As máis xenuinas e significativas,
entre as que se atopan a Treixadura, o Albariño, o Godello e o Caiño
son "cepas población", procedentes da evolución, por
sucesivas mutacións de adaptación ó medio, de distintas plantas, o
que fai necesario unha selección xenética pare elixir, multiplicar e
certificar, clones dos individuos coas mellores características e
garantiza-la permanencia, destes especimines elixidos, nun banco de
xermoplasma.
As
variedades consideradas autóctonas galegas son algo máis de 10 de uvas
brancas e máis de 30 tintas, pero soamente comentaremos dúas ducias
delas, as que major presencia teñen na vinicultura galega e/ou mellores
condicións, características e aptitudes pare elaborar viños de
calidade.
Como
norma xeral podemos afirmar que as cepas que dan acios con bagas de
menor tamaño son as que máis posibilidades teñen de producir uvas de
major calidade. Nunha esfera o volume increméntase en relación coa
superficie a razón dun tercio do radio. En consecuencia, a menor radio
menor volume e máis superficie relativa. A casca das uvas conteñen a
mayor cantidade de substancias aromáticas en brancas e tintas e nestas
últimas os polifenoles e antocianos que condicionan positivamente a cor
do viño. Polo tanto, as bagas de menor tamaño conteñen,
proporcionalmente ó volume, máis cantidade destas substancias. A maioría
das variedades autóctonas galegas dan acios con bagas pequenas ou de
tamaño mediano, o que as fai aptas pare producir viños con intensos
aromas primarios, caracteristicos de cada variedade. En tintas, ainda
que a polpa non é coloreada na maioria delas, pódese extraer a cor da
casca cunha adecuada maceración durante a fermentación, polo alto
contido de materia colorante na súa piel.
Outra das características
destas videiras é a súa precocidade. Ó se-lo seu período vexetativo
curto, poden completa-la súa maduración practicamente tódolos anos e
desenvolve-lo seu potencial enolóxico. Esta característica fai que as
variedades axeitadas a cada zona viticola galega, non sexan as mesmas
nas comarcas atlánticas que nas de transición e interior. Por delas.
iso imos expoñe-las variedades más características de cada unha.
Nas zonas vitivinícolas atlánticas que se corresponden coas encadradas na
D. O. "Rías Baixas", a variedade que mellor resposta está
dando na vinificación é o Albariño. Ademais teñen interés a
Laureira Marqués e o Caiño Branco en uvas brancas e o Espadeiro, Caiño
Cachón e Pazán en tintas. Dentro destas comarcas atlánticas encádrase
"O Condado" que está máis ó interior e nesta zone teñen
moita importancia, ademais das citadas, a Treixadura en brancas e en
tintas o Brancellao, Pedral, Retinto, Tinta Femia e Tinta Nispe, que
aportan as características diferenciales inherentes ós viños do
Condado.
Na
zone de transición, representada polo "Ribeiro", a variedade
de uvas brancas máis xenuina é a Treixadura, seguida do Torrontés,
Lado e Godello. En tintas destacan o Sousón, Tintilla, Caiño Cachón,
Brancellao e Ferrol.
No
interior temos tres zones diferentes. "Valdeorras", onde as
variedades primordiais son Godello en brancas e Mencía en tintas. Teñen
interés a Moza Fresca, idéntica á Dona Branca de Verín, e en tintas
Merenzao ou María Ordoña, Negreda ou Mouratón e Grau Negro. Na "Ribeira
Sacra" destacan Godello e Mencía e en "Monterrei" ainda
que a variedade autóctona máis cultivada en brancas é a Dona Branca,
teñen moito interés, polo que melloran a calidade dos seus viños, a
Treixadura, Godello e Verdello, que se adaptan ben a este hábitat. En
tintas a máis caracteristica é o Bastardo, chamado en "Valdeorras"
Merenzao e María Ordoña. Tamén se cultivan Mencía e Grau Negro e
unha variedade ali chamada Arauxa que é a variedade Tempranillo de La
Rioja e Tinta Pais ou Tinta Fina de Ribera del Duero.
A
necesaria acotación desta comunicación obrigame a concreta-la exposición
nas variedades caracteristicas, xenuinas , significativas e emblemáticas
da viticultura galega. Considero que en brancas son Albariño en
"Rias Baixas", Treixadura no "Ribeiro", Godello en
"Valdeorras" e "Ribeira Sacra" e Dona Branca en
"Monterrei". En tintas, Espadeiro en "Rias Baixas",
Sousón e Tintilla no "Ribeiro", Mencia en "Valdeorras"
e "Ribeira Sacra" e na D. O. "Monterrei", ainda que
as máis cultivadas son o Bastardo e Mencía, ten gran porvir a Arauxa,
especialmente se se trata de iniciar procesos de crear cos viños tintos
do Val de Verín e Monterrei.
Ó
facer esta selección de variedades non quere dicir que nos esquecemos
das outras nomeadas. A mistura das fundamentales con algunha ou algunhas
daquelas, é o que permite a cada bodegueiro afar personalidade, ademais
de calidade e xenuidade, os seus viños. Coas vinificacións
monovarietais córrese o risco de obter "viños clónicos", é
dicir, viños idénticos que só se distinguen doutras marcas da mesma
zone na etiqueta. Os viños de alta calidade teñen que ter distinción
e personalidade, cualidades que se consiguen mellor coa viticultura que
coa enoloxia.
Asdo. D. José Manuel Fernández Anguiano